Seis Do Nadal, balonmán 2011 e 2013

O clube vigués de balonmán Seis Do Nadal foi fundado en 1983 no colexio de primaria homónimo situado no barrio de Coia. Centos, seica miles, de nenos e nenas tiveron a oportunidade de practicar este deporte e así o clube foi medrando e conseguindo notables éxitos deportivos. Entre eles destaca a clasificación para a final a catro no campionato de España xuvenil de 2011, cuxa semifinal se recolle nesta reportaxe. En 2013, nun acto multitudinario celebrado no pavillón das Travesas, rendeuse homenaxe ás distintas xeracións de deportistas que por aquí pasaron e fixeron do Seis Do Nadal unha referencia na cidade e no balonmán galego.

© Basilio Cegarra