O 15 de outubro de 2011 celebrouse en Vigo una multitudinaria manifestación convocada polo movemento 15-M, plataforma acabada de nacer no contexto dunha crise económica que traía paro, precariedade, recortes e empobrecemento xeral. De maneira moi explícita, a xente dirixía a protesta contra os poderes financeiros, sinalados como reponsables dun fiasco cuxas consecuencias pagaban os máis desfavorecidos. Tamén contra a clase política, denunciada como parasitaria e carente de representatividade real, cando non corrupta.
A marcha d@s indignad@s, que facía parte dunha mobilización a escala mundial, non contou con apoio nin presenza de partidos e sindicatos. Pancartas, consignas e performances buliron libremente polas rúas como espontánea expresión popular, sen filtros partidistas e allea á corrección política e os estándares idiomáticos habituais.
Á memoria de Luísa Fernández, a muller que abre o vídeo, falecida en 2013.
© Basilio Cegarra