A Panificadora de Vigo, unha inmensa enxeñería industrial en estado de abandono dende hai décadas, empezouse a edificar en 1917 e foi inaugurada en 1924. É obra do arquitecto Manuel Gómez Román, o construtor Antonio Valcarce e os enxeñeiros Otto Werner e Jorge Buchi. Posteriormente ampliouse con grandes silos e outras dependencias ata reafirmarse como unha das grandes empresas da comarca, indispensable na produción de pan e derivados comerciais. Mesmo contaba cunha pequena central eléctrica e gasolineira. O seu peche definitivo foi en 1981. Na actualidade debátese sobre a súa recuperación e posterior uso público.
Estas imaxes gravadas en xuño de 2008 móstrannos as grandes naves e dependencias de traballo, o que queda da maquinaria, tamén as pegadas ocupacionais, nun ambiente de sombría desolación.
Texto escrito en 2008.
© Basilio Cegarra