O 28 de marzo de 1809 partidas de voluntarios vigueses, apoiados por unidades militares portuguesas, liberaron a cidade de Vigo ocupada polas tropas napoleónica. Os veciños do barrio representan por esas datas os feitos sucedidos nunha multitudinaria festa. A chegada do exército invasor, a resistencia e os conflitos, o ataque final pola porta da Gamboa e a retirada en barco dos agora socios comunitarios. Entre as personaxes actuantes levan o protagonismo o comandante Chalot (Antón Bouza) e Cachamuíña, interpretado dende sempre polo añorado Pepe Xeito, á súa memoria vai dedicado este vídeo.
© Basilio Cegarra