Feministas nas rúas de Vigo, 8-M 2018

O 8 de marzo de 2018, e días adxacentes, o movemento feminista ocupou as rúas da cidade de forma multitudinaria, congregando milleiros de persoas en torno ás denuncias do machismo e os malos tratos, a discriminación laboral e de xénero e a reivindicación da igualdade. A enorme mobilización dese ano 2018, sen precedentes en magnitude, supuxo un salto cualitativo e situou o feminismo no centro do debate público.

© Basilio Cegarra