Na ría de Pontevedra destácase a silueta piramidal da illa de Tambo, situada entre as ribeiras de Poio polo lado norte e a planta de Lourizan polo sur, que acada nos cumios os 80 metros de altitude. Na costa altérnanse cantís e pequeñas praias. Posúe un faro, o Tenlo chico, que está activo e constitúe a principal construción que queda en pé. Durante décadas a illa tivo exclusivo uso militar, tempo do que son visibles o polvorín, o búnker, a casa do oficial ao mando e varias barracas, estando prohibido o acceso. Hai poucos anos foi cedida finalmente ao concello de Poio.
De época máis antiga consérvase. sen bóvedas. a igrexa do mosteiro benedictino.
© Basilio Cegarra