Serra do Courel, auga acabada de nacer, precipitada polas pendentes allea ao ser humano. Vermella de ferro salpica faias, teixos e castiñeiros das devesas milenarias, a selva prehistórica resplandece, as cores da floresta espertan enchoupadas feitas luz. A tromba bate brava no seixo e na lousa, percute, chorrea, esfrega. Comparece o timbal da fervenza, a voz grave do caudal, eléctrica da pinga, brota o eco mineral dos sons fluviais, a música acuática primixenia do eterno discorrer. Sons visibles, imaxes escoitadas.
© Basilio Cegarra