Monte Alba, Vigo

Na viguesa parroquia de Valadares está emprazado o monte Alba, veciño do monte Cepudo. Ambos constitúen os puntos máis elevados do municipio e ofrecen excelentes miradoiros da ría, as illas Cíes, a serra do Galiñeiro e os vales e crestas colindantes. Un contexto arborado, tamén de mato e monte baixo, que acolle gran variedade botánica, acubillo de fauna miúda, onde é frecuente atopármonos con gando doméstico ceibe, vacas e cabalos pastando en liberdade.

© Basilio Cegarra