Las Médulas constituíron a maior mina romana a ceo aberto do Imperio. A orixe data dos tempos de Augusto, supervisor dos traballos, cara ao ano 17 AC. A paisaxe estaba dominada por montañas degradadas, de gran pendente, ricas en po de ouro en aluvión. Nos cumes fluían abuntantes regatos. Eran as condicións idóneas para iniciar a enorme obra de enxeñería que admiramos hoxe.
Todo se puxo en marcha. Os regatos foron canalizados e encorados, facéndose 300 km de vías de auga e as montañas furáronse cunha rede de galerías. Aproveitando o pronunciado desnivel, a auga precipitábase dende o alto conducindo o fango ata os lavadoiros, onde se peneiraba o ouro. As augas residuais eran tamén canalizadas ata o lago artificial de Carucedo, enxeñado ad hoc nas proximidades.
Unha paisaxe insólita a que vemos hoxe, grandes paredes vermellas, esqueletes de montañas e un manto vexetal no que mandan castiñeiros e carballos.
A meirande parte das galerías permanecen pechadas dende a pandemia. Neste vídeo veremos os tramos máis profundos hoxe inaccesibles.
© Basilio Cegarra