Pendurada sobre a pendente, moi batida polos ventos, brota chea de vida a cuberta floral no Cabo Touriñán. Unha variedade de especies multiformes e coloristas conforman unha vista singular entorno ao mar batente, abeirado por herba de namorar, caramiña, torvisco, rumex, unlla de gato, paxariños amarelos, té de horta, herba do asno, cebola das gaivotas, cardos, breixos, toxos e brezos.
© Basilio Cegarra