Está situada na ría de Arousa pouca distancia das costas de Carril, Vilagarcía. Mesmo coa baixamar, mollándonos un pouco, podemos acceder a pé por un tramo denominado Camiño do carro.
O antigo pazo da Gulpilleira, que dominaba a illa e a quen os vecinos pagaban rendas, foi comprado en 1910, por subscrición popular, e doado á Casa real coa intención de construirse alí a residencia estival de Afonso XIII. O asunto finalmente quedou en nada, dando lugar nas décadas posteriores a interminables pleitos, algún aínda inconclusos.
A illa, visitada a cotío polos mariscadores, está hoxe despoboada. Da época habitacional podemos ver as casas dos moradores, arruinadas e comidas pola vexetación, así como unha casona e os restos do antigo mosteiro, reducidos á igrexa sen bóvedas e o cruceiro que a antecede.
Cortegada ten grandes extensións de piñeiros e eucaliptos, pero o máis notable é o Bosque dos loureiros, considerado o máis grande da Europa continental, densa arboreda de luces e sombras, que se acubilla no interior.
© Basilio Cegarra