Madeira

Hai 100 millóns de anos xorde do océano atlántico o arquipiélago da Madeira, consecuencia da actividade volcánica derivada da conxunción das placas euroasiáttica, africana e americana. Está composto por cinco illas, Madeira -a máis grande e coñecida- Porto Santo -que contrasta co seu litoral areoso e está poboada por 12000 persoas- e as tres Ilhas Desertas.
A orografía de Madeira é montañosa, coas enormes moles de lava en pendente sobre o mar, o que se salva cos numerosos túneles que se internan baixo terra. Nas terras altas do interior xigantescos canóns ábrense entre os cumes, amparando un manto vexetal de gran valor pola rica biodiversidade.

A laurisilva é un bosque do período terciario, que aquí sobrevivíu dende hai 20 millóns de anos amparado pola humidade constante, os suaves ventos alisios e temperatura benigna. Era común a gran parte de Europa ata que as glaciacións limitárono aos arquipiélagos da Macaronesia. En Madeira é de especial relevancia o bosque de laurisilva das 25 fontes, de aspecto enmarañado e sombrío.

A costa, maiormente innacesible, conta con perspectivas espectaculares, caso da Ponta de San Lourenzo, onde o terreo se parte brutalmente sobre o mar.

© Basilio Cegarra