Ísland 2008-2010

Ísland, þar sem sköpun virðist hafa verið enn í gær síðdegis

Islandia, onde a creación semella ter sido aínda onte á tarde

Deixouno escrito así una voz anónima.

Illa que medra, partida en dúas placas continentais que se afastan. Erupcións periódicas, de temer, van agrandando a superficie. Volcán e glaciar, lava e xeo, bater constante de enerxías inmensas. Manda o poder da auga, a todas as temperaturas, o vento que non cesa e a luz sempre tráxica en claroscuro permanente. Xeografía salvaxe, desolada e fría, de escasa vida animal e pouco verde, o cabalo, ceibe, é o rei desta non selva. As aves mariñas, a poboación natural.

Sucesión de imaxes gravadas no outono de 2008 –as sombrías paisaxes anuncian a noite invernal- e a primavera de 2010, cando a vida estoura luminosa nos días máis longos do ano.

Relación de lugares, por orde de aparición:

Kerid, Bláa Lónid, Gysir, Gullfoss, Seljalandfoss, Budir, Kalfafell, Skogafoss, Godafoss, Thingvellir, Barnafoss, Jokulsarlon, Djupivogur, Skaftafell, Höfn, Vík i Myrdal, Myvatn, Namaskard, Leirhnjukur, Krakla, Dimmuborgir, Thingvellir, Myvatn, Borganes, Asolfsskali, Reyholt, Snaefellness, Reykjanes, Gysir, Flatey, Sttykisholmur, Reykjavík e Arnastapi

© Basilio Cegarra