Timanfaya, Lanzarote, Canarias

Tras sucesivas erupcións submariñas, a illa de Lanzarote xurdíu das augas hai 11 millóns de anos. Nos séculos XVII e XVIII foron especialmente catastróficas, especialmente as acaecidas entre 1730 e 1736, seis anos nos que a terra non parou de cuspir lava, chegando a invadir unha cuarta parte da illa, o que resultou funesto para gran parte da poboación, que se veu obrigada a marchar. No século XIX a actividade volcánica continuou, acabando de conformar a desolada paisaxe actual. O Parque Nacional de Timanfaya, limitado administrativamente a unha parte reducida de Lanzarote, posúe en realidade unha extensión moito maior dende un punto de vista xeolóxoco, lindando cos dominios do volcán de La Corona, emprazado ao norte da illa. Nun litoral abrupto, con arestados cantís, o mar bate no basalto con extrema violencia, dando lugar a abundantes furnas e covas.

© Basilio Cegarra