Teide, outono e primavera

Xigantesco estratovolcán que acadou a superficie do mar hai 100.000 anos, sendo a última erupción en 1909. Constituíuse sobre a caldeira de Las Cañadas despois dun derrubamento masivo de terras. A inmensa mole sobe ata os 3715 metros, 7500 dende o fondo mariño, tendo a base do cono un diámetro de 8 km. Fai de Tenerife a décima illa máis alta do mundo. Na peculiar biodiversidade de montaña saltan á vista os vermellos tajinastes, en contraste co amarelo intenso da hierba pajonera e as margaritas. Todo iso acontece na primavera, como evidencian as imaxes.

© Basilio Cegarra