La Palma, illa nacida dunha erupción submarina hai apenas 2 millóns de anos. O volcán estourou a 4000 metros de profundidade e se elevou 2500 metros máis por riba do nivel do mar, constituíndo o cráter emerxido máis grande do mundo, coñecido como La Caldera de Taburiente, que acada en El Roque de los muchachos o punto máis elevado (2460 metros). Dende esta impresionante paraxe é habitual contemplar o paso das frontes nubosas que fornecen de humidade os bosques de pino canario e laurisilva característicos de La Palma.
A Caldera de Taburiente liberou inxentes cantidades de lava a través do Barranco de las Angustias, hoxe abrupto e singular canón, surcado por un regato de tons amarelos derivado dunha colorista fervenza, expresión todo da química volcánica abundante en ferro e xofre.
Máis próxima no tempo foi a actividade do volcán San Juan (1949) e a inquietante erupción do volcán Teneguía (1971), que alarmou seriamente á poboación durante varias semanas. A pouca distancia está o volcán San Antonio, pacificado hai séculos, que ofrece un cráter poboado de piñeiros.
© Basilio Cegarra