Os lobos que dan nome á illa non son outros que as focas monxe, lobos mariños, que en tempos habitaron estas paraxes. Coa chegada dos pescadores foron exterminadas, Cada exemplar consumía entre 30 e 40 quilos de peixe ao día, ese foi o motivo. Hai unas décadas propúxose repoboar a que fora especie nativa antes da presenza humana, pero non se chegou facer pola mesma razón.
É unha illa desolada, terreo amarelo de cinza e pedras, case lunar, no que se eleva o volcán. Xa era coñecida polos romanos, que estableceron aquí unha estación na procura do tinte púrpura. Na actualidade conta con 1 habitante. Está separada de Lanzarote e Fuerteventura por un pequeño brazo de mar, o estreito da Bocaina, onde se poden ver simultáneamente e dende moi preto as tres illas.
© Basilio Cegarra