A illa Graciosa está separada da costa norte de Lanzarote por un brazo de mar denominado El Río. Fai parte do Arquipiélago Chinijo, xunto a outras pequeñas illas despoboadas. Estreita, apenas 1 km de anchura máxima, moi chaira e areosa, por momentos semella terra africá, ten tamén cinco montañas, testemuña do vulcanismo, que se elevan entre os 157 e os 266 metros. Está habitada por 700 persoas divididas en dous pobiños con rúas sen pavimentos.
En contraste, do lado de Lanzarote o desnivel sobre El Río é impresionante e conforma elevados cantís, moles de lava precipitadas ao mar.
© Basilio Cegarra