Garajonay, La Gomera. Canarias

A laurisilva, bosque do período terciario, que aquí sobrevivíu dende hai 20 millóns de anos
amparado pola humidade constante, os suaves ventos alisios e temperatura benigna. Era
común a gran parte de Europa ata que as glaciacións limitárono aos arquipiélagos da
Macaronesia, sendo no parque de Garajonay, reserva da biosfera, onde conserva, sen apenas
cambios evolutivos, a maior variedade arbórica e botánica conformando unhas paisaxes
únicas. Estas imaxes foron gravadas na Cañada de Jorge, El Cedro y La Ermita.


© Basilio Cegarra