El Hierro, Islas Canarias

A illa do meridiano. O cabo de Orchilla é o punto máis occidental de España, meridiano cero nos séculos XVII e XVIII ata que en 1885 foi substituído por Greenwich. Illa volcánica, con grandes campos de lava, onde un colosal derrubamento do terreo conformou xigantescos desniveis e precipicios. Costa abrupta, salpicada de roques. A laurisilva, bosque do período terciario, que aquí sobrevivíu dende hai 20 millóns de anos amparado pola humidade constante, os suaves ventos alisios e temperatura benigna. As sabinas, hoxe troncos secos milenarios, marabilla expresionista da natureza. A árbore Garoé, emblema de El Hierro, para a procura da auga dos guanches. Plácidas extensións de pino canario. 

10.000 habitantes nunha  contorna natural onde o tempo semella se ter detido.

© Basilio Cegarra