Terceira, Açores

Hai 10 millóns de anos un punto quente derivado da dorsal mesoatlántica orixinou as erupcións submarinas das que habería xurdir o arquipiélago dos Açores. A illa Terceira, xunto ás ilhas do Faial (730.000 anos) e O Pico (250.000 anos), centrais, foron as últimas en emerxer do mar, São Miguel, occidental, das primeiras (7 millóns de anos). As erupcións submarinas leventaron a mole de lava que é Terceira 2700 metros sobre o fondo do océano, 1500 metros ata a superficie, 1200 máis ata a Serra de Santa Bárbara, o punto máis alto.
Esta illa, a terceira en ser decuberta do arquipiélago, foi colonizada por campesinos flamengos a mediados do século XV. De forma redondeada, os seus 80 km de perímetro cínguense sobre elevados cantís. As pegadas do vulcanismo fanse ben visibles na Furnas do Enxofre, con numerosas fumarolas, e sobre todo no Algar do Carvao, cráter volcánico polo que se pode descender ata darmos cun lago subterráneo. No traxecto xorden as impresionantes formacións de lava nas profundidades.
A laurisilva é un bosque do período terciario, que aquí sobrevivíu dende hai 20 millóns de anos
amparado pola humidade constante, os suaves ventos alisios e temperatura benigna. Era
común a gran parte de Europa ata que as glaciacións limitárono aos arquipiélagos da
Macaronesia. Na illa Terceira consérvanse en abundancia, sendo no trilho dos Mistérios Negros onde ofrece un aspecto máis salvaxe e xenuíno.

© Basilio Cegarra