Hai 10 millóns de anos un punto quente derivado da dorsal mesoatlántica orixinou as erupcións submarinas das que habería xurdir o arquipiélago dos Açores. A illa de São Jorge, xunto ás do Faial (730.000 anos) e O Pico (250.000 anos), centrais, foron as últimas en emerxer do mar, São Miguel, occidental, das primeiras (7 millóns de anos). Fan parte da placa euroasiática e teñen rexistrado nos últimos tempos numerosos tremores de baixa intensidade.
Illa ventosa, onde o tempo cambia a cada rato, apenas habitada por 8000 moradores, moi poucos en relación ao seu tamaño. São Jorge ten o aspecto dun dragón emerxendo sobre o mar. xigantescos cantís e desniveis abranguen os 53 km de longo polos estreitos 7 km de anchura máxima, debuxando esa silueta alongada que o imaxinario asocia á besta. A montaña de lava precipitada sobre unha costa sen praia alguna, vese acompañada polas características faxanas, chairas que se adentran no mar, destacando a Faxana dos Cubres, cunha lagoa de auga salgada. No alto, o Pico da Esperança, son visibles numerosos cráteres, algún deles convertidos en lagoas.
Entre 1580 e 1907 rexistráronse seis erupcións volcánicas de gran magnitude, que causaron numerosas vítimas e danos.
© Basilio Cegarra