Hai 10 millóns de anos un punto quente derivado da dorsal mesoatlántica orixinou as erupcións submarinas das que habería xurdir o arquipiélago dos Açores. As Ilhas do Faial (730.000 anos) e O Pico (250.000 anos), centrais, foron as últimas en emerxer do mar, São Miguel, occidental, das primeiras (7 millóns de anos). Fan parte da placa euroasiática e teñen rexistrado nos últimos tempos numerosos tremores de baixa intensidade.
A Ilha do Pico, a segunda en extensión (442 km2), poboada por 14.000 habitantes, ven definida pola enorme silueta dun estratovulcão sen caldeira, visible dende moita distancia, de 2353 metros de altura, a montaña máis grande de Portugal. Varias lagoas conforman os humedais da parte central da ilha, a do Capitão e O Caiado son as máis grandes. De especial interese é a Gruta das Torres, antigos condutos subterráneos polos que fluía a lava.
LUGARES POR ORDE DE APARICIÓN Pico: gran Vulcão dos Açores, Lagoa do Capitão, Lagoa do Caiado, Gruta das Torres, Ilhéus da Madalena.
© Basilio Cegarra