A ilha das Flores e a veciña do Corvo, 17 km ao norte, son as máis occidentais do arquipiélago dos Açores. Separadas xeolóxicamente das outras, chántanse na placa continental americana. Sitúanse a medio camiño de ambos mundos, 1936 km a Terranova, 1835 km ao Cabo de Roca, próximo a Lisboa.
Naceron hai 10 millóns de anos de erupcións submarinas dun punto quente derivado da dorsal mesoatlántica. A Ilha das Flores emerxeu do mar hai 2,15 millóns de anos, a do Corvo, terra cinco veces máis nova, fíxoo hai 400.000 anos. Non rexistraron erupcións en tempos históricos. Foron descobertas en 1452 e poboadas con moradores das ilhas centrais a principios do século XVI.
Ao norte elévase a Ilha do Corvo, 400 habitantes, só 17 km2, cincuenta veces máis pequeña que São Miguel, que é a máis grande, una mole de lava construída en torno a un xigantesco caldeirão, de 2,4 km de diámetro e 300 m de profundidade, culmen do Monte Gordo, que sobe a 770 m de altura, onde pacen as vacas nun inmenso silencio. No mar entre as ilhas, acompañan aos homes os golfinhos.
© Basilio Cegarra