Flores, Ilhas Açores. Onde a Europa acaba

A ilha das Flores e a veciña do Corvo, 17 km ao norte, son as máis occidentais do arquipiélago dos Açores. Separadas xeolóxicamente das outras, chántanse na placa continental americana. Sitúanse a medio camiño de ambos mundos, 1936 km a Terranova, 1835 km ao Cabo de Roca, próximo a Lisboa.

Naceron hai 10 millóns de anos de erupcións submarinas dun punto quente derivado da dorsal mesoatlántica. A Ilha das Flores emerxeu do mar hai 2,15 millóns de anos, a do Corvo, terra cinco veces máis nova, fíxoo hai 400.000 anos. Non rexistraron erupcións en tempos históricos. Foron descobertas en 1452 e poboadas con moradores das ilhas centrais a principios do século XVI.

A Ilha das Flores recibíu o nome dunha abundancia de tales brotes, que sorprendía a quen alí chegaba. Habítana 4000 persoas distribuídas nunha superficie de 143 km2. Desfruta de enorme exuberancia vexetal de rica biodiversidade. Téñense catalogado máis de 600 especies de musgos. Lagoas rifando con nevoeiros enchoupan hoxe os vellos cráteres mentres os cascatos se precipitan en vertical polos cantís volcánicos, mesmo ata o mar, que fura o litoral con furnas e cavernas.A pegada da lava é constante, faise admirable na Rocha dos Bordões, de perfectas columnas basálticas, e nos dominios do Morro Alto.

Lugares por orde de aparición: Ponta Delgada, Pico dos Sete Pés, Caldeira Branca, Caldeira Negra, Caldeira Comprida, Caldeira Funda, Caldeira Rosa, cascatos da Faja Grande, furnas, cavernas e Ilhéus do litoral, Rocha dos Bordões, Morro Alto, Farol do Albarnaz, Farol das Lajes das Flores,

© Basilio Cegarra