Faial, Açores

Hai 10 millóns de anos un punto quente derivado da dorsal mesoatlántica orixinou as erupcións submarinas das que habería xurdir o arquipiélago dos Açores. As Ilhas do Faial (730.000 anos) e O Pico (250.000 anos), centrais, foron as últimas en emerxer do mar, São Miguel, occidental, das primeiras (7 millóns de anos). Fan parte da placa euroasiática e teñen rexistrado nos últimos tempos numerosos tremores de baixa intensidade.


A Ilha do Faial, a quinta en extensión, 173 km2, está habitada por 15.000 persoas e é sede do parlamento rexional. Foi descuberta a primeiros do século XV e repoboada en 1468 por colonos de Flandres, quen deron nome a unha das vilas, Flamengos. Destaca o Vulcão dos Capelinhos, que rexistrou a última erupción en 1957, sen vítimas, mesmo o farol resistíu, deixando a desolación hoxe visible. Foi a última no arquipiélago. Cando iso aconteceu, na gran Caldeira, un dos lugares máis impresionantes dos Açores, abríronse fendas das que manaron vapores sulfurosos e formaron unha pequena lagoa. A Caldeira do Inferno no Monte da Guia e o Morro do Castelo Branco son testemuña dun vulcanismo máis primitivo. Preto, os cantis do Varadouro chegan acadar os 200 metros de altura.


LUGARES POR ORDE DE APARICIÓN.. Faial: Cabeço Gordo, Caldeirão, Monte da Guia e Caldeira do Inferno, Morro de Castelo Branco, Vulcão dos Capelinhos, Cantis do Varadouro.

© Basilio Cegarra