En 1880 nace a compañía conserveira Hermanos Massó, continuadora da actividade emprendedora familiar iniciada en 1816. No século XX foi una das empresas máis grandes de Galicia, acadando un importante volume de exportacións.
Por consello de Guillermo Marconi en 1928, os irmáns Massó levantaron en 1932 un segundo andar sobre a parte máis vella da factoría, nacendo nese momento o museo. En 1994 cerrou definitivamente o negocio, facéndose cargo das instalacións a Xunta de Galicia, que xestiona dende entón a actividade museística.
O visitante pode admirar unha importante colección de libros antigos, mesmo incunables de gran valor, así como una gran variedade de instrumentos de navegación e mergullo, maquetas de barcos de distintas épocas, cartografía histórica, ademais de obxectos antigos moi curiosos. Especial relevancia ten a arte do deseño e a publicidade, visible nas latas, carteis, revistas e anuncios, na que traballaron finos debuxantes da categoría de Federico Ribas entre outros. Tamén se exhiben varias embarcacións tradicionais, o bou, a dorna e derradeira xeiteira da comarca. Apartado especial son os espazos dedicados á caza da balea e as vellas instalacións da salgadura do peixe.
En definitiva, a memoria viva do mundo do traballo, recreada con documentais filmados en diferentes anos.
© Basilio Cegarra