Antonio González Bernardez foi persoa de gran significación social na comarca do Carballiño. Era o cura de Santa Mariña de Loureiro, no Irixo, onde naceu en 1932 e exerceu durante máis de sesenta anos. Comprometido dende mozo coas necesidades dos veciños, de espírito teimudo e loitador, non dubidou en enfrentarse ás autoridades cando as inxustizas chegaban. Liderou a folga protagonizada polos labregos de Loureiro, aos que o gobernador obrigaba a traballar nos camiños sen cobrar, conseguindo, tras moitas leas, unha xusta remuneración. Maior sona tivo o preito das augas co Carballiño, tamén resolto favorablemente. Ao tempo, Antonio traballaba de albanel na reconstrución da igrexa ou se ocupaba de traer a luz ás aldeas que vivían ás escuras. E organizaba viaxes, actividades deportivas e completos servizos culturais para os fregueses.
O cometido de maior trascendencia foi a fundación da Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro, que vende leite, iogur e kéfir ecolóxicos da mellor calidade. Nacida nos anos sesenta, nunha época de miseria e emigración masiva, convertéuse no motor económico do concello, procurando felizmente sustento a moitas familias ao longo de tres xeracións.
De isto todo fálanos o propio Antonio neste documental
© Basilio Cegarra