Está situada ao pé do monte Louro, mole de 241 metros de altura precipitada no litoral, na entrada da ría de Muros e Noia. A diversidade vexetal da área enchoupada e a abundancia de anfibios e reptís dan ao lugar un alto valor ecolóxico. As dunas da praia do Ancoradoiro, que limitan a lagoa, perderon altura con respecto ao que mostran estas imaxes de 2015. En 2022 a charca rebentou e levou por diante os montes de area.
Xarfa: superficie escumosa do mar que se extende en faixas nas proximidades da costa polo efecto das mareas (Leandro Carré). Tamén se lle chama ingüeiro
© Basilio Cegarra