Na boca dos ríos Miñor, Groba e Belesar ábrese paso esta foz entre as dunas con numerosas vías de auga doce. A vexetación halofila, resistente ao sal, ofrece unha floración de vivas e contrastadas cores. Barróns, feos, breixos, te de horta, paxariños amarelos, unlla de gato, herba de namorar, torvisco, rumex, cardos e brezos repuntan na area en veciñanza coas colonias de gaivotas.
© Basilio Cegarra