Ao abrigo das Illas Cíes, a ría de Vigo ofrece mornos outonos allea ás ventiscas e marexadas septentronais. A riqueza dos nutrientes e os numerosos espazos recollidos converten este litoral nun lugar moi concorrido polas aves mariñas, que aquí paran compartindo rochedos e cantís.
Por orde de aparición, neste vídeo observamos en primeiro lugar os correlimos, fráxiles e fuxidíos picoteando axitados no fluír mesmo da marea. Séguenlle os virapedras, expertos depredadores de insectos e pequenos crustaceos. As pacientes garcetas conviven cos ostreiros, de contundente pico laranxa. A gaivota patiamarela gaña en tamaño á gaivota ridora, bastante máis veloz e ruidosa. Completan a colonia os cormoráns moñudos, vertixinosos pescadores, e os mazaricos, que botan a primavera, cando a cría, en Islandia e Escandinavia.
Imaxes gravadas na praia do Fechiño, litoral de Coruxo, Vigo, o 1 de novembro de 2015
© Basilio Cegarra